terça-feira, 4 de dezembro de 2018

Medicine Boy abrem Dezembro do ciclo #ontheRadar

[o Texto original está em Galego já que seria para ser utilizado na Revista Punto]

O dúo de Dream Noise de Ciudad del Cabo, Sudáfrica Medicine Boy estiveron o pasado sábado na Sala Radar para un concerto mais do ciclo #ontheRadar.

Formada no 2014 por André Leo (voz/guitarra), Lucy Kruger (voz / teclas) e unha caixa de ritmos, deron un concerto curto e conciso presentando o seu disco recente Lower, lanzado en Outubro deste ano, tendo ainda percorrido algúns temas do disco anterior Kinda Like Electricity, moito mais space rock que este novo.

Con claras influencias en bandas como Spiritualized, TheMaryChain e mesmo The Bad Seeds, a parella camiña pola fina liña entre a calma e o caos.

O concerto que non durou nin unha hora, mostrou un sonido da banda que camiña entre o ruido e os silenzos profundos. O órgano húndese baixo as ondas da guitarra que, ás veces, son suaves e distraídas, e outras, salvaxes e implacables. As voces de Lucy e André permanecen entrelazadas e íntimas.